VISITA DE SOLEDAD FELLOZA

Divertida, orixinal, cariñosa, imaxinativa, fascinante....

Todos os adxetivos quédanse curtos para describir a Sole, a Soledad Felloza, que hoxe nos visitou no cole.

Nós fixemos a nosa representación musicada co kamishibai da súa obra "A cociñeira do rei" e ela regalounos uns minutos do seu tempo para compartir vivenzas, opinións, contos de medo... E ata nos fixo un biscoito co seu ingrediente especial...


Moitas grazas por facernos voar por riba de bosques e prados.